Qué é o Parkinson?

O Parkinson é segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente no mundo, xa que existe en tódolos países e continentes, con lixeiras variacións.

Estímase que existen uns 150.000 afectados/as en España e uns 6,3 millones en todo o mundo, cunha incidencia anual de 18 novos casos por cada cen mil habitantes, afectando tanto a homes coma mulleres. É frecuente que apareza unha vez superados os 60 anos de vida, aínda que é certo que existen manifestacións precoces en edades inferiores aos 40 anos. En ambos casos a esperanza de vida é alta sempre que non coincida o seu diagnóstico con outras enfermidades ou trastornos.

É una enfermidade que foi descrita por James Parkinson, un médico británico que en 1817 chamouna “parálisis agitante”. Foi Charcot, un neurólogo francés o que tivo a ben chamala “Enfermidade de Parkinson”.

 

A grandes rasgos, é un trastorno no que se produce unha gran pérdida das neuronas encargadas de controlar e coordinar os movementos e o tono muscular. Esta pérdida de neuronas prodúcese nunha zona doel cerebro chamada “ganglios basais”, máis concretamente no “tronco do encéfalo”, que é a zona de unión entre o cerebro e a médula espinal. Nesa unión hai un núcleo chamado sustancia negra e dentro desta sustancia fabrícase un compoñente moi importante que transmite información dun lugar a outro do cerebro e que se chama dopamina.

Na Enfermidade de Parkinson pérdense estas neuronas e por iso disminúen os niveis de dopamina, o que fai que o cerebro nin reciba nin envíe información de maneira correcta ás partes encargadas de realizar movementos corporais.

É importante destacar, que a pesar de ser unha enfermidade neurodexenerativa non é unha enfermidade mortal, así que a persona afectada non falecerá a causa do Parkinson.

      Imprimir
aaaaaaaaaaaaa