Noticias 

Queremos ampliar o equipo de profesionais

Se eres logopeda ou fisioterapeuta e estás en búsqueda de emprego, ¡estámosche buscando! 

22/11/2021

Queremos ampliar o equipo e estamos buscando a:

- 1 persoa graduada ou diplomada en fisioterapia, encargada de ofrecer fisioterapia rehabilitadora para persoas con párkinson. O contrato sería dun ano de duración, 30h/semana.

- 1 persoa graduada ou diplomada en logopedia, encargada de ofrecer logopedia rehabilitadora para persoas con párkinson. O contrato sería dun ano de duración, 30h/semana.

As persoas interesadas poden enviar os seus currículums acompañados dunha carta de motivación a dirección@parkinsongaliciacoruna.org ata o 20 de decembro as 23:59h, indicando no asunto “TÉCNICO/A DE LOGOPEDIA_NOME E APELIDOS” ou “TÉCNICO/A DE FISIOTERAPIA_NOME E APELIDOS”, segundo corresponda.

O proceso de selección está aberto e a contratación está condicionada á concesión da subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sin ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

Ademáis da titulación, tamén son requisitos imprescindibles:

Estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante e estar disponible para o emprego na data de selección e contratación.

- Non haber estado contratado/a por un período igual ou superior a 6 meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018  (DOG nº 92, do 15 de maio), do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio), do 12 de setembro de 2019 (DOG nº 184, do 27 de setembro) e do 31 de xullo de 2020 (DOG nº 162, do 13 de agosto), no ámbito de colaboración coas entidades sin ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

Para máis información, non dubides en poñerte en contacto chamando o 981 241 100 ou mandando un email a direccion@parkinsongaliciacoruna.org.

 

 

Archivada en: